O sabado día 18 de febreiro publicouse no diario "El Correo Gallego" unha oferta de emprego que inclúe 1 oficial e 2 peóns de obras. O prazo para solicitar participar no proceso remata o sabado día 25 de febreiro ás 12:00 horas.
A etapa 13 da Volta a España 2012 que sairá de Santiago de Compostela e concluirá en Ferrol pasará pola Baña o venres, 31 de agosto.
A Escola Municipal de Música da Baña quere formar unha banda infantil municipal e está a tramitar a gravación dun disco da big band tal como recolle o xornal Tierras de Santiago na súa edición do martes, 6 de decembro de 2011.
A vida de Aitana de Tarazona depende da túa solidariedade
O alumnado de secundaria do CPI San Vicente, con motivo do Día dos Namorados, está creando mensaxes amorosas nas clases de lingua galega para participar na actividade Declárate con WhatsApp que lle oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña.
O Club de Lectura A Baña en Galego escolleu Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor como libro para ler neste mes de febreiro.
O Club de Lectura A Baña en Galego reunirase o próximo 1 de febreiro de 2012 na casa de cultura, en horario de 16.00 a 17.00 h, para compartir as súas opinións sobre Morning Star de Xosé Miranda.
| « | Febreiro - 2012 | » | ||||
| lu | ma | mé | xo | ve | sá | do |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | ||
| 06 | 07 | 08 | 09 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | ||||