Publícase a parte dispositiva da resolución de Alcaldía núm. 33/12 relativa á selección de traballador/a social.
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo para traballador/a social deberán ingresar 10,00 euros na conta de NovaGalicia Banco núm. 2080-0326-17-3110000035 tal como establecen as bases.
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia permanecerá diante do Centro de Saúde o luns, 30 de abril, de 10.00 a 14.30 h.
A etapa 13 da Volta a España 2012 que sairá de Santiago de Compostela e concluirá en Ferrol pasará pola Baña o venres, 31 de agosto.
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca Municipal e con Preescolar na Casa, vai conmemorar o Día do Libro cun maratón de contacontos o próximo 24 de abril, na casa de cultura, en horario de 16.30 a 20.00 h.
As persoas que participan no Club de Lectura A Baña en Galego escolleron como lectura para o mes de maio O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro.
As persoas que forman o Club de Lectura A Baña en Galego reuniranse na casa de cultura o próximo 2 de abril en horario de 16.00 a 17.00 h para comentar as súas lecturas e escoller as do próximo mes.
As persoas participantes no Club de Lectura A Baña en Galego compartirán a súa opinión sobre as lecturas deste mes de marzo O neno do pixama a raias, Ten o seu punto a fresca rosa e O aliado inesperado o próximo 11 de abril, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa da cultura.
| « | Maio - 2012 | » | ||||
| lu | ma | mé | xo | ve | sá | do |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | |
| 07 | 08 | 09 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | 31 | |||